BIDO é un espazo vivo creado para gozar. Por iso queremos acoller os teus proxectos persoais e axudarche a darlles forma.

A túa IDEA. É o primeiro que faremos, saber que tes en mente, que evento ou reunión queres celebrar. Un aniversario íntimo, unha cea de aniversarios, unha comida de empresa ou mesmo o restaurante enteiro para ti. Como queres sentirche, que queres para os teus invitados, cada detalle é importante.

O MENÚ. Sabemos que cada evento é diferente e o teu será distinto aos demais, porque faremos todo de forma persoal.

VIÑOS. Vixiar ao detalle a maridaxe entre a selección de pratos e os viños é esencial para obter un resultado perfecto.

SOBREMESAS E CÓCTELES. Alegría en forma de pratos doces, copas de cristal para o mellor cóctel. O final perfecto.

SEN PRÉSAS. É un momento especial, non queres que termine. Déixanos coidar de ti e dos teus. O noso traballo é converter un día especial en memorable. Sabores únicos, compañía xenial, nun ambiente coidado. Só faltas ti.

Eventos
Pedido
¿Te gustaría qué te avisásemos de los cambios en nuestra Carta, eventos y noticias?
Dismiss
Allow Notifications