Formas

Son xa trinta e catro anos de profesión. Unha profesión nada dunha aparente casualidade, pero cando o traballo desenvólvese nunha mente autodidacta a vocación simplemente esperaba ser escoitada.

 

Este cociñeiro de alma creativa viaxa por toda Galicia e calquera recuncho do mundo que lle suxira sabores, que lle esperte os seus sentidos, para preparar unha gastronomía que combina tradición e vangarda. Dende a súa casa, BIDO, traballa todos os días xunto a un gran equipo de profesionais que medran ao seu carón, porque seguen a mesma filosofía. Todos eles ofrecen aos comensais moito máis que un menú, ofrecen a experiencia de sentir a súa cociña.

Porque cociñar así, como fai Xoán, é xeneroso, busca constantemente compartir. A súa sensación cos seus clientes, a creación co seu equipo e tódala súa experiencia cos seus alumnos.

 

Unha cociña persoal, coidada ao máximo, onde o produto está mimado con delicadeza. Cada día é unha nova e fermosa xornada á que todos somos convidados. Unha viaxe que acaba de comezar, porque cando a paixón e o bo traballo conflúen o resultado final está garantido.

 

Parte de seu extenso bagaxe:

Do 1984 ao 1989, estuda no IES COMPOSTELA de Santiago de Compostela.

Dende 1995, como xefe de cociña e deseñador da oferta gastronómica no restaurante O DEZASEIS (Santiago de Compostela), Pazo Villariza (Arteixo, A Coruña), restaurante A ESTACIÓN (Cambre, A Coruña). Ata o ano 2016 que naceu BIDO, agora a súa casa.

En 1997 e ata o de agora, como PROFESOR TÉCNICO de FP de Cociña e Pastelería no IES Fragas do Eume (Pontedeume, A Coruña).

A ESTACIÓN (pechado en 2017):
– 1 SOL REPSOL na guía do mesmo nome
– 1 ESTRELA na prestixiosa GUÍA MICHELÍN
– Certificacións Q de Calidade Turística en 2012 e Calidade de Galicia desde 2015

BIDO, querendo seguir medrando:
– 2 SOLES REPSOL 2019 na guía do mesmo nome
– Listado como restaurante recomendado na prestixiosa MICHELÍN GUIDE
– Certificacións Q de calidade turística dende 2016 (ano de creación)
– Selo Galicia Calidade dende 2017

Medalla Castelao co grupo NOVE Cociñeiros no 2017 (o grupo NOVE foi fundado polo propio Xoán Crujeiras no 2002, xunto con chefs galegos como Pepe Solla, Xosé Cannas, Javier Rodríguez Ponte … e moito máis).

Colaboracións, asesoramentos, presentacións, clases maxistrais … A actividade deste cociñeiro galego é imparable, como é o seu desexo de facer ben as cousas. Pero, sobre todo, destaca a súa gran paixón por transmitir emocións a través da cociña, sen límites, fronteiras ou tempo.

Espacio Bido
Pedido
¿Te gustaría qué te avisásemos de los cambios en nuestra Carta, eventos y noticias?
Dismiss
Allow Notifications